A Audiencia Nacional mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, a 4 independentistas


A Audiencia Nacional mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, a 4 independentistas

O escrito da acusación dirixido contra María Osorio, Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, cargo que até o de agora non pasara nunca da fase de instrución. Como proba, a Fiscalía chamará a declarar máis dunha vintena de funcionarios da policía, en calidade de peritos ou con informes de intelixencia

 


Até 20 anos de prisión para Roberto R. Fialhega 'Teto' e Eduardo Vigo polos delitos de integración en banda armada, falsificación de documentos e depósito de explosivos; e até 12 anos de prisión para María Osorio e Antom Santos polos delitos de integración --en grao de dirixentes-- e falsificación de documentos. Son as penas que a fiscalía da Audiencia Nacional española pide a través dun escrito de acusación dirixido contra @s catro independentistas ao que tivo acceso Sermos Galiza e que foi filtrado á 'imprensa amiga' case unha semana antes de lle ser comunicado aos avogados da defensa.

Malia a elevada cifra que resulta de sumar as penas, 64 anos, o letrado Borxa Colmenero explicou que "entran dentro do previsíbel", pois piden nos catro casos o máximo de anos fixado en relación ao delito imputado: 9 anos por pertenza, 8 anos por depósito de explosivos e 3 anos por falsificación de documentos. "A espectacularidade da cifra é para facer un pouco de propaganda. Non hai nada novidoso. A acusación pide o máximo de pena igual que nós imos pedir a libre absolución", esclareceu Colmenero.

A novidade non está, por tanto, nunha petición de pena máis elevada do habitual. Porén, e malia non ser a primeira vez que a Fiscalía imputa pertenza a banda armada para intentar demostrar que existe na Galiza unha "organización terrorista" chamada Resistencia Galega, tal acusación non pasou nunca da fase de instrución. Até agora.

A importancia de tal situación "é máis política que xurídica" pois "van descarregar a batería" en probar que existe unha estrutura de carácter militar na Galiza, tal e como din os informes de intelixencia da Garda Civil. E eis aquí a segunda novidade deste escrito de acusación: "Hai moita proba pericial, mais non no sentido que todos entendemos de demostrar algo", senón a través de declaracións de peritos da Garda Civil, informes de intelixencia e conexións con servizos secretos.

Máis dun ano en prisión preventiva, [email protected] á dispersión e baixo a lei antiterrorista

Serán esas as testemuñas, máis dunha vintena, as que suban declarar en contra [email protected] catro independentistas. "Aquí está a principal batalla dialéctica, pois o depósito de explosivos é irrefutábel. Serán máis ou menos anos os que se impoñan de pena, mais levaban canda si os artefactos". Sempre segundo o escrito da acusación, en poder de Fialhega e Vigo a policía española incautouse de tres termos metálicos en cuxo interior había material explosivo.

Como probas contra Antom Santos e María Osorio a fiscalía cita unha garrafa de gasolina gardada no trasteiro do inmóbel que partillaban en Lugo, un ordenador e unha memoria USB "con once fotografías de accións violentas reivindicadas pola contorna independentista" e textos da organización xuvenil AMI. [email protected] foron [email protected] a finais de novembro e principios de decembro de 2010 porque, segundo o ministerio de Interior, preparaban unha acción para o día da Constitución española. Só Osorio López está ceiva: ficou en liberdade con cargos en febreiro deste ano debido a un problema de saúde.