A fuxida cara a diante de Feijóo e a explotación das traballadoras do téxtil na Galiza, no número 34 do semanario

A fuxida cara a diante de Feijóo e a explotación das traballadoras do téxtil na Galiza, no número 34 do semanario
A forma en que Feijóo está a lidar o escándalo Bárcenas e a explotación que sofren as traballadoras do téxtil na Galiza son algúns dos temas sobre os que se debruza o número 35 do Sermos Galiza en papel, xa no prelo.

"Fuxida de Feijóo cara a diante", esa é a manchete en grande do semanario número 34 de Sermos Galiza, xa esta sexta feira nos quiosques. Foxe cara a diante o presidente da Xunta e xa non nega o financiamento irregular do seu partido. Hoxe mesmo, en conferencia de imprensa, declarábase tan preocupado polo asunto como calquera cidadán (sic).

Abre esta nova entrega do Sermos Galiza unha reportaxe a dupla páxina asinada por Beti Vázquez sobre as condicións, moitas veces infra-humanas, en que desenvolven o seu labor as traballadores do sector téxtil en Galiza.

Unha entrevista co secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, é o limiar das páxinas de información política. Nelas Sermos Galiza achega novos dados sobre a conexión galega do caso Bárcenas, para alén de esmiuzar a estratexia do aparato do PPdeG á hora de confrontar con Esperanza Aguirre na disputa do control de Génova.

O número 4 de A FONDO, o caderno de análise do semanario, aborda desta volta os procesos soberanistas en curso en Europa, de Catalunya a Flandres pasando polos seis condados do norte de Irlanda e por Euskal Herria.

Músico e cantautor punk, O Leo estrea sección no semanario

Completan os conteúdos deste novo Sermos Galiza, para alén dunha sempre moi completa sección de Cultura, unha entrevista co presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, e un artigo do portavoz do grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, sobre os polémicos episodios vividos na cámara galega após a súa presidenta se arrogar a prerrogativa de vetar a persoas concretas o acceso aos plenos.

A Lingua Encarnada

E unha nova cita imperdíbel para @s leitores: este número 35 é o da estrea en papel de O Leo -profesor de literatura e cantautor punk- que abre unha sección que promete facer época e que leva un título ben suxestivo, Lingua Encarnada.



x