Achan no Arquivo de Lugo fragmentos do 'Livro da montaria' de João I de Portugal, que se daba por desaparecido

Achan no Arquivo de Lugo fragmentos do 'Livro da montaria' de João I de Portugal, que se daba por desaparecido
Dom-João-I
Dom-João-I  

Esta obra foi redactada na corte de João I de Portugal e críase perdida. María Díaz Bernárdez e Paloma Gómez Varela, arquiveiras do Arquivo Histórico Provincial (AHV) de Lugo, sinalan que o estado de conservación dos pregos atopados é ''moi bo en xeral''.Lembran que ''é unha das obras portuguesas máis notables do século XV''

 


María Díaz Bernárdez e Paloma Gómez Varela son arquiveiras do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A principios de abril de 2013, un investigador advirte que no índice dos protocolos notariais do distrito de Monforte de Lemos consta erroneamente no campo de observacións dun asento que a cuberta do protocolo é un pergamiño que contén un texto musical.

A montaría é unha modalidade de caza maior que practicaban os reis e os nobres na Idade Media. Daquela desenvólvese en Europa un verdadeiro xénero de tratados sobre esta disciplina

“Tomamos nota do comentario e revisamos o protocolo para comprobalo”, indican estas días arquiveiras nun comunicado achegado por Anabad, “pero chámanos poderosamente a atención o pergamiño en cuestión”. Esa atención vai da pé ao descubrimento, na encadernación de varios protocolos de Monforte, “de pregos de pergamiño que parecen fragmentos dun códice que trata de caza, escrito en galego ou en portugués e en escritura gótica”.

No proceso de identificación da obra nun cotexo co texto da copia publicada, “descubrimos que se trata do Livro da montaria de João I de Portugal”. Esta obra foi redactada na corte de João I de Portugal, “ao parecer, por iniciativa directa do rei”. Adoita datarse entre 1415 e 1433 e está estruturada en tres libros, sumando un total de 70 capítulos. É unha das obras portuguesas máis notables do século XV.

É unha das obras portuguesas máis notables do século XV

Este libro críase perdido até o de agora, agás un único fragmento que estudou o profesor Ramón Lorenzo, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se atopaba en posesión dun particular.

“O estado de conservación dos pregos atopados nas encadernacións dos protocolos é moi bo en xeral, coa excepción de dobreces, algunha esgazadura e zonas desgastadas polo uso”.

As arquiveiras sinalan que están á espera de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta autorice o descosido, restauración e edición dos fragmentos atopados.



x