O alcalde de Pontevedra, presidente de honra de “Cidades que camiñan”

O alcalde de Pontevedra, presidente de honra de “Cidades que camiñan”
Lores na asemblea de Cidades que Camiñan
Lores na asemblea de Cidades que Camiñan  

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, foi nomeado presidente de honra na Asemblea Xeral das Cidades que Camiñan que se desenvolveu en Sevilla. 


Como un recoñecemento á transformación de Pontevedra nunha cidade para camiñar, a Asemblea Xeral de Cidades que Camiñan nomeou ao alcalde Miguel Fernández Lores como presidente de honra na asemblea que a entidade desenvolveu na localidade sevillana de la Rinconada. 

Pontevedra será a sede do próximo congreso da entidade que agrupa a máis de medio cento de concellos de toda a provincia. Lores defendeu que o camiño polo que transitou a transformación urbanística da cidade do Lérez é polo que se conducirán o resto das poboacións xa que o resultado é unha cidade máis habitábel cunha clara mellora da calidade de vida. 

Na asemblea interveu o xefe da Policía Local de Pontevedra Daniel Mancelle para expoñer os aspectos básicos do modelo, entre eles, as execucións do programa camiños escolares, as defensas dos peóns, do uso de bicis... 

Na sesión de mañá, o xeógrafo Alfonso Sanz deulle protagonismo a Pontevedra no desenvolvemento da súa intervención sobre cidades peonís. Citou á cidade como exemplo de transformación e o programa Metrominuto como boa práctica para a promoción da mombilidade peonil.

Tonucci ma cidade

Pontevedra organizará este fin de semana as II Xornadas de estudo e experiencias “Infancia e Cidade” en colaboración co Ceneam (Centro nacional de educación ambiental, do Ministerio de Medio Ambiente). O prestixioso pedagogo italiano Francesco Tonucci estará presente en Pontevedra no encontro no que intervirá cunha conferencia aberta ao público. A axenda de Tonucci fixo que se adiantara as Xornadas, en principio previstas para novembro, na que intervirán 26 expertos de administracións, entidades, centros educativos, consultoras e ONGs que traballan en programas educativos ou de participación arredor da mellora da mobilidade.