O Colectivo de emigrantes considera que Facenda lles dá a razón cos novos avisos nos borradores da Renda

O Colectivo de emigrantes considera que Facenda lles dá a razón cos novos avisos nos borradores da Renda
Manifestación Emigrantes Retornad@s
Manifestación Emigrantes [email protected]  

Os borradores da declaración da Renda 2013 recollen novos avisos para a tributación de pensións no estranxeiro. Para o Colectivo de Emigrantes Retornados Facenda está a tentar emendar os seus erros sen recoñecelo publicamente. 


O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña denuncian que a aparición de avisos nos borradores da declaración da Renda 2013 é un recoñecemento encuberto dunha das súas demandas, “ a falta de información da administración”. 

Reclaman que se derogue a lei de dous pagadores e se suspendan as sancións e os intereses de demora que ese lle están a aplicar ao colectivo de emigrantes retornados. “Entendemos que esa información chega con varios anos de retraso, e lembrámoslle á Administración que sería de xustiza unha rectificación publica do ministro Montoro”, sinalan. 

Advirten desde o Colectivo que non van desistir das súas demandas e continuarán coas mobilizacións se desde o Goberno do Estado non se lle dá solución á situación que afecta a milleiros de emigrantes. Anuncian tamén, a través dun comunicado, que intensificarán as súas medidas de presión durante a campaña da renda do ano 2013 e solicitan aos galegos e galegas que apoien a súa causa. A lei, segundo defenden, “non só afecta aos emigrantes con pensións do estranxeiro senón a todas as persoas que teñan dous pagadores durante o exercicio, feito moi frecuente, tal e como está a situación económica do País”.