A confusión co sinistro de China no pésame de Rajoy provoca indignación


A confusión co sinistro de China no pésame de Rajoy provoca indignación

Indignación nas redes sociais pola confusión no comunicado de condolencias do presidente do gobenro español, Mariano Rajoy, ao incluír no texto un parágrafo referido ao terremoto da cidade de Gansu, en China. 

“Quero transmitirlle o meu máis sentido pésame pola perda de vidas humanas e contiosos danos materiais que trouxo o terremoto que tivo lugar esta madrugada en Gansu”. O parágrafo que se colou no “corta e pega” do comunicado do Goberno do Estado, asinado polo presidente Mariano Rajoy, provocou a indignación das redes sociais. 

O Goberno incluíu o parágrafo da mensaxe de pésame polo sinistro ocorrido a pasada segunda feira na China no comunicado que emitiu para mostrar o seu pesar pola traxedia de Compostela. O departamento que difundiu a mensaxe do presidente, Mariano Rajoy, viuse na obriga de rectificar e remitir de novo o documento eliminando o parágrafo referido ao terremoto de Gansu. No comunicado, Rajoy maniféstase “consternado pola noticia do descarrilamento dun tren Alvia nas cercanías de Santiago de Compostela”, a súa cidade de nacemento, como lle lembran en twitter, afeando o seu desleixo nun momento como este.