Enrique Iglesias aclara que a proposta do vídeo foi da Xunta

Enrique Iglesias aclara que a proposta do vídeo foi da Xunta
Enrique
Enrique  

A produtora de Enrique Iglesias responde ás críticas recibida polo investimento de máis de 300.000 euros do orzamento da Xunta no seu videoclip. Di que o encargo foi do goberno galego e anima a visitar “esta fascinante comunidade autónoma española”. 


“Enrique aceptou con moito gusto a proposta da Xunta de Galicia para filmar o vídeo nesta rexión”, di o comunicado da produtora do cantante que sae ao paso das múltiples críticas recibidas polo pago do goberno galego de máis de 300.000 euros pola gravación de “Noche y Día” na Galiza, mesmo non haber ningún plano do cantante nos exteriores que aparecen como panorámicas concentradas maiormente no inicio da canción. 

O comunicado di que as razóns que o levaron a aceptar a proposta da Xunta eran “non só a beleza da súa escenografía, emblemáticos edificios, rúas empedradas e prazas con historia, que serviron como marco incomparábel, senón ademais polo feito de poder axudar a promocionar internacionalmente o turismo e riquezas naturais desta terra, á que lle ten un agarimos moi especial”. 

Nin un centavo

Explican tamén que os cartos da Xunta se investiron en costos “de produción e viáticos” sen que Enrique “cobrase nin un centavo por el”. “Practicamente a totalidade dos colaboradores foron produtoras e empresas locais ou Españolas o que xenerou un importante derrame económico, contribuíndo a dinamizar a economía do país galego en tempos de crise”, engade nunha nota na que agradece o trato da Xunta e animan a todo mundo a ver o vídeo e “visiten esta fascinante comunidade autónoma Española”.