A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva

A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva
[Imaxes de arquivo]
[Imaxes de arquivo]  

Ordenouno a Audiencia Nacional española após a sentenza de Estrasburgo que ilegaliza a aplicación retroactiva da doutrina Parot. Rodríguez Porca extinguiu a condena en 2008. Tamén o seu compañeiro na organización armada Manuel Quintáns solicitou a liquidación da pena.



A Audiencia Nacional española ordenou a liberdade definitiva para a ex-militante do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive --de aquí en diante E.G.-- Josefa Rodríguez Porca. Ela propia solicitara a extinción da súa condena a finais de outubro, após coñecer a resolución do Tribunal de Estrasburgo que ilegalizou a aplicación da 'doutrina Parot' con carácter retroactivo. Tamén pediu a liquidación da condena o seu compañeiro na organización armada Manuel Quintáns López. 

Así llelo comunicou á xunta de tratamento do Centro de inserción social, onde se tiñan que presentar cada 15 días, en virtude das condicións do terceiro grao penitenciario, a posibilidade de contacto co exterior unha vez cumprida 1/4 parte da condena. Aliás, dúas veces por semana Rodríguez Porca debía comparecer perante a policía española en Ferrol e Quintáns López aínda o fai en Compostela.

De non lles teren aplicado de maneira retroactiva a doutrina Parot, ela tería accedido á liberdade definitiva xa en 2008. El, a quen tal situación non lle correspondería até 2014, si que ten extinguidas as 3/4 partes da condena para o clasificaren no cuarto grao, a liberdade condicional. 

Pola morte dun garda civil en Irixoa

Manuel Quintáns foi detido o 3 de febreiro de 1989 só unhas horas despois de tomar parte en Irixoa na primeira acción do E.G. con resultado de morte e na cal tamén participou Josefa Rodríguez, que conseguiu fuxir e ficou agochada durante dous días debaixo dunha toxeira canda outro militante da organización armada, até que foron localizados por un helicóptero da policía. 

Segundo declararon [email protected] @s membros do E.G. a quen xulgaron e condenaron como responsábeis da morte do axente do corpo armado --Ramón Piñeiro, Juan Carlos Deibe, Francisco Javier Filgueira, Josefa Rodríguez, Alexandra Queiros e Manuel Quintáns-- a intención era roubar as armas e os uniformes del e do seu compañeiro de patrulla. Porén, após ver reducido o outro garda civil e sempre segundo a declaración [email protected] integrantes do E.G., tería disparado desde o Land Rover en que viaxaban, encetando así un tiroteo que remataría en morte.

Con todo, a sentenza ditada contra o último dos xulgados, Quintáns, dá por probado que a intención do E.G. era "apoderarse dos uniformes e das armas". Para isto "simularon un accidente" na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero, de tal maneira que un deles se deitou no chan coma se estivese ferido "preparando esta acción á maneira dunha emboscada". Na súa declaración, o garda civil que resultou ferido di que foi o propio Quintáns quen lle berrou "isto é unha trampa e ímosvos matar", disparando contra el coa arma que lle roubaran a un garda xurado uns días antes. Namentres, "o resto do comando asasinou" o outro axente.

[email protected] a 83 e 72 anos de cadea

Por estes feitos, Rodríguez Porca foi condenada a 83 anos de prisión por pertenza a banda armada, detención ilegal, atentado e tenza ilegal de armas e explosivos. Aliás, foi considerada como a xefa do comando que perpetrou a acción de Irixoa.

En 1990, a Audiencia Nacional española condenouna a outros 15 anos ao a relacionar cunha acción con coche-bomba diante dunha comisaría da policía en Ourense realizada de madrugada e que causou danos materiais en dez carros aparcados na contorna.

Namentres, Quintáns López foi sentenciado a 72 anos de cadea polos mesmos delitos. Porén, non foi xulgado até 1999. Após a súa detención, ficou en liberdade e en 1994 ditouse na súa contra unha orde de busca e captura. Marchara vivir a México e non o localizaron até que pasaran catro anos. Na actualidade tanto Josefa Rodríguez --que botou 13 anos presa-- coma Manuel Quintáns teñen traballo estábel e están [email protected] de maneira exclusiva á súa vida laboral e familiar.