A falta de helicópteros en Valdeorras atrasou as tarefas de extinción do lume de Seadur

A falta de helicópteros en Valdeorras atrasou as tarefas de extinción do lume de Seadur
Lume en Valdeorras
Lume en Valdeorras  

A austeridade de Feijoo arrasou 500 hectáreas de monte e viñas, logo de decidir eliminar a base de helicópteros de Vilanova de Valdeorras antes do comezo da campaña. Mentres ardía o monte, os efectivos aéreos de San Xoán de Río estiveron desaparecidos, o que obrigou ao desprazamento de helicópteros e avionetas de León e Asturies.


O que se vaticinaba desde a oposición sucedeu xa na fin de semana pasada. O primeiro grande lume do verán volveu ser en Valdeorras. Comezaba na tarde do domingo en Vilanuide (Quiroga) e propagábase rapidamente engulindo 500 hectáreas de sobreiras, oliveiras, piñeiros e carballos até chegar a Seadur (Larouco), deixando arrasados bacelos da Denominación de Orixe Valdeorras, como xa pasara cos da Ribeira Sacra o pasado 2 de agosto.  

(Máis información no número 60 de Sermos Galiza)