A fiscalía da Audiencia Nacional reclama 34 anos de prisión para os independentistas Carlos Calvo e Xurxo R. Olveira

A fiscalía da Audiencia Nacional reclama 34 anos de prisión para os independentistas Carlos Calvo e Xurxo R. Olveira
Faixas polo translado dos dous mozos á Galiza [arquivo SG]
Faixas polo translado dos dous mozos á Galiza [arquivo SG]  

No escrito da acusación mantéñense as imputacións estabelecidas polo xuíz Eloy Velasco nun auto de decembro de 2012: integración en banda armada e tenza de explosivos con finalidade terrorista. O xulgamento está datado para os días 6 e 7 de maio.



Máis unha vez, a imputación por integración en banda armada supera a fase de instrución e senta no banco [email protected] [email protected] outros dous militantes do independentismo galego. Desta volta serán Carlos Calvo Varela e Xurxo Rodríguez Olveira quen se enfronten aos 9 anos de prisión que a fiscalía da Audiencia Nacional española lles pide ao consideralos integrantes da organización baptizada como 'Resistencia Galega'. 

Aliás, Calvo e Rodríguez foron imputados tamén por tenza de explosivos con finalidade terrorista, delito polo que lles reclaman máis 8 anos de cárcere. Son, en total, 17 anos de privación de liberdade para cada un deles. 

Que peso ten a sentenza que dá por demostrada a existencia de Resistencia Galega?

A primeira vez que a imputación por integración superou a fase de instrución foi a respeito [email protected] independentistas María Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega 'Teto', xa [email protected] e [email protected] nunha sentenza que non é firme aínda, pois foi recorrida perante o Tribunal Supremo polos avogados da defensa. Precisamente pola súa condición de definitiva mais non firme, dita sentenza non pode ser utilizada como proba nin neste xuízo nin no de Hadriam Mosquera 'Senlheiro', que decorrerá a comezos de marzo.

Así llo explicaron a Sermos Galiza os letrados que se encargarán da defensa de Calvo e Rodríguez, o catalán Benet Salellas e o galego Manuel Chao, respectivamente. Salellas lembrou tamén que tal resolución --que condena Osório, Santos, Vigo e Fialhega por integración, para alén de por falsificación de documentos e, aos dous últimos presos galegos, tamén por tenza de explosivos-- foi ditada por unha sala distinta da que enxuizará este caso, que decorrerá na Sección 1ª da Audiencia Nacional. 

Pola súa banda, Chao subliñou que, ao non se ter pronunciado o Supremo, non existe xurisprudencia que demostre a existencia dunha organización armada na Galiza chamada 'Resistencia Galega'. Nin aínda que se pronuncie pois, segundo acrecentou o letrado, cumprirían non unha, senón dúas sentenzas firmes que así o sinalasen.

Por tanto, Chao confía en que a condena non-firme á muller e aos tres homes xulgados en xuño de 2013 "non teña peso ningún" desta volta. Namentres, Salellas insistiu en que "de maneira expresa e clara non se poden referir a esa resolución, polo que podemos dicir que non existe ningunha organización terrorista"

Un ano e oito meses en prisión preventiva sen xuízo

No momento en que encete o xulgamento, Carlos Calvo (Loureda, 1988) e Xurxo Rodríguez (Vigo, 1992) terán cumpridos un ano e oito meses en prisión preventiva. Prendidos pola policía española o 15 de setembro canda outras dúas persoas que se atopan en liberdade condicional, os axentes declararon que, no maleteiro do carro, Calvo Varela transportaba dous artefactos explosivos.

A Rodríguez Olveira detivérono unhas horas máis tarde ao considerar que foi el quen colocara o 4 de agosto do mesmo ano no Monte Sampaio un artefacto que estoupou e causou danos materiais nunha antena da empresa Red de Banda Ancha de Andalucía.

No escrito de acusación ditado polo xuíz da Audiencia Nacional española Eloy Velasco en decembro de 2012, imputa Carlos Calvo, Xurxo Rodríguez e as dúas persoas que agora están en liberdade condicional polos delitos de integración e tenza de explosivos. Aliás, procesa máis unha e máis un independentistas --que nunca entraron en prisión-- por un delito de encubrimento.