A Fiscalía xeral do Estado admite as dificuldades para "demostrar" a existencia de RG como "banda armada"


A Fiscalía xeral do Estado admite as dificuldades para "demostrar" a existencia de RG como "banda armada"

Na súa memoria de 2012 recoñeceu que as accións que o Ministerio de Interior atribuíu a esta organización non permitían determinar con claridade "a súa existencia como banda armada". 


A Fiscalía xeral do Estado considerou na súa memoria de 2012 que as accións que se lle atribuíron á organización Resistencia Galega foron "illadas" dabondo como para "demostrar a súa existencia como verdadeira banda armada".

Malia todo, a sección terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional española comunicou nestes días a sentenza a 10 anos de prisión para Antom Santos e María Osorio, e de 18 para Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo. Para @s catro considera probada a súa "pertenza a banda armada".

Di que as penas eran ''excesivamente leves''

A Fiscalía, que reclamou para [email protected] 64 anos de cárcere, queixábase naquela memoria publicada hai só uns meses de que o feito de que @s militantes independentistas negasen a existencia dunha organización chamada 'Resistencia Galega' e, por tanto, a súa pertenza a ela, carrexaba "unha resposta punitiva excesivamente leve".

Por isto, no escrito de acusación dirixido contra Osorio, Santos, Vigo e R. Fialhega, a Audiencia Nacional española mantivo por primeira vez a imputación por "pertenza". 

Para probar a existencia de RG no xuízo realizado os días 24 e 25 de xuño en Madrid, a Fiscalía chamou a declarar máis dunha vintena de [email protected] da policía española e da garda civil, que centraron as súas declaracións en Antón García Matos, militante do desaparecido Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, a quen atribúen a fundación da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI); así como nun manifesto, intitulado 'Pola resistencia galega', que se podía descarregar libremente da internet. 

Os argumentos da condena: ''Se non ían tranquilos será por algo''

A respeito [email protected] [email protected], Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega foron condenados por tenza de explosivos ao considerar que si coñecían o contido das mochilas que se lle incautaron no momento da súa detención, en novembro de 2011.

Como argumentos, sinala o fallo xudicial que "os axentes do C.N.P. manifestaron que ambos acusados adoptaron evidentes medidas de seguridade para saber se eran ou non seguidos. Isto evidencia que, se non ían tranquilos, será por algo". 

Máis argumentos: ''Non é moi lóxico que se posúa gasolina só por ter un carro''

Pola súa banda, Antom Santos e María Osório foron tamén condenados por "pertenza" ao entender a sala "non parece moi verosímil" a declaración realizada por [email protected] en que insistiron en que a garrafa de oito litros de gasolina que gardaban no trasteiro era para o seu vehículo particular. "Non é moi lóxico que se posúa --a gasolina-- simplemente porque se ten un carro", sinala a sentenza. Aliás, @s catro foron [email protected] tamén por falsificación de documentos oficiais. 

Con todo, @s catro [email protected] negaron durante o xuízo a existencia de Resistencia Galega e a súa pertenza a esta organización. Por se tal cousa acontecía, a Fiscalía xeral do Estado colocou xa na súa memoria de 2012 que a "banda armada", efectivamente, existía; que "recolle o testemuño" do EGPGC e que "conxuga o independentismo coa ideoloxía de extrema esquerda".

Aliás, apuntou tamén que quen fai parte dela ten "como primeira regra" negar tal pertenza para "aparentar desestruturación" e que as accións que a policía española lles achaca "sexan illadas e individualizadas". 

Imputacións e detencións para xustificar a existencia de RG
A propia Fiscalía recoñeceu as "dificultades" para demostrar a existencia "dunha verdadeira banda armada" porque "non se visualizan as súas estruturas de dirección, execución, captación ou financiamento".

Coas imputacións de militantes independentistas por enaltecemento do terrorismo ou a detención e imputación de Júlio Saiáns como "xefe do aparello de financiamento" de RG o que se pretendeu foi abrir diferentes procedementos a nivel xudicial para dar por probado que, como vén sinalando a Garda civil desde 2007-2008, o colectivo opera en Galiza.

Cara aí dirixiran as investigacións policiais que, até o de agora, non tiveran efectos xurídicos pois a imputación por "pertenza" non superara nunca a fase de instrución.