[email protected] afectados polos impagos de Alimentos Lácteos exixiron á Xunta depurar responsabilidades políticas


[email protected] afectados polos impagos de Alimentos Lácteos exixiron á Xunta depurar responsabilidades políticas

[email protected] perante o Edificio Multiusos na cidade amurallada, [email protected] [email protected] polos impagamentos da factoría afincada en Outeiro de Rei solicitaron unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural e do Mar e exixiron á Xunta de Galiza que "depure responsabilidades" no que denominaron "a estafa das preferentes do rural". 

Unha delegación de [email protected] concentráronse ás portas do edificio da Xunta en Lugo para denunciaren os impagos que están a padecer como consecuencia da "quebra técnica" de Alimentos Lácteos S.L. Neste senso, a Federación rural galega denuncia que "dos 15 millóns de euros" que adebeda a factoría situada na Terra Chá, boa parte correspóndense con impagos de até 4 meses ás explotacións gandeiras e cooperativas asociadas á factoría impulsada pola Xunta de Núñez Feijóo. 

Perante a grave situación que está a viver o sector lácteo galego --vítima de prezos situados por debaixo dos custos de produción-- desde a Fruga denuncian o desleixo da Xunta de Galiza e advirten que continuarán a se mobilizaren "até que consigamos o cobro dos cartos que se nos adebedan". Neste sentido, solicitaron unha reunión urxente coa conselleira de Medio Rural e do Mar á fin de transmitírelles "directamente a nosa preocupación" para quebra de Alimentos Lácteos.