GpS convoca actos nas comarcas contra a Constitución española no seu 35 aniversario

GpS convoca actos nas comarcas contra a Constitución española no seu 35 aniversario

A vindeira sexta feira, 6 de decembro, a plataforma social Galiza pola Soberanía convoca actos e mobilizacións en distintos puntos do país para amosar o seu rexeitamento á Constitución española de 1978, un texto que, din, "nega os nosos dereitos como pobo".


De maneira festiva, mais tamén reivindicativa, vilas e cidades de todo o país acollerán este 6 de decembro diversos actos organizados pola iniciativa social Galiza pola Soberanía (GpS). O obxectivo é dar unha resposta colectiva coincidindo coa data de celebración do 35 aniversario da ratificación en referendo da Constitución española. Un texto que, denuncian, "nega" os dereitos da Galiza "como pobo". 

Pasarúas con bandeiras, foliadas soberanistas, encontros políticos, mesmo encontros de fútbol sala... diferentes actos para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza 

Após as accións desenvolvidas o pasado 12 de outubro en que a iniciativa social despregou de maneira simultánea en distintos puntos do territorio galego inmensas faixas a prol da soberanía nacional para Galiza, a GpS convida a toda a cidadanía a participar das actividades que se están a organizar. 

Música, deporte, política...

Neste senso, unha ruada percorrerá a cidade de Vigo desde as 12 da mañá baixo o lema 'Esta non é a nosa Constitución'. Para iso, chaman @s participantes a acudiren cos seus intrumentos. A ruada partirá desde A Farola (Urzáiz) até a praza da Vila, onde terá lugar un acto político.

Pola súa banda, a cidade de Lugo acollerá unha concentración no Campo da Feira ás 11.30 horas e rematará cun encontro de fútbol sala no IES Ánxel Fole ás 12.30 horas, un partido co-organizado coa Plataforma [email protected] [email protected] 

E Compostela haberá unha Ruada de Bandeiras que sairá da Praza do Pan (Cervantes) ás 12:00 da sexta feira para percorrer a zona vella na demanda de soberanía para Galiza.

E máis..

Tamén na Coruña haberá un acto para afirmar que nese 35 aniversario da Constitución española 'Non temos nada que celebrar'. A falla de confirmación oficial, en principio será unha cocnentración ás 12:00 horas no Obelisco.

No que atinxe a Ferrol, a Ruada reivindicativa pola soberanía partirá ás 13:00 horas do CC Torrente Ballester e irá até a Praza da Constitución. 

E tamén hai cita en Salvaterra de Miño: Ruada Reivindicativa, às 12h, con saída da praza do Concello

Asemade, outras localidades anunciaron que desenvolverán actividades co gallo da conmemoración da ratificación en referendo da Constitución española, se ben serán confirmados nos vindeiros días.



x