Un clamor masivo pola soberanía

Un clamor masivo pola soberanía
Manife
Manife  

"Galiza latexa e vive hoxe na Quintana", arenga Xavier Vence no comezo do seu discurso nunha Quintana ateigada, unha hora e 34 minutos despois de a manifestación ter comezado o seu curso na Alameda. O nacionalismo galego, a súa expresión organizada máis potente, foi quen de convocar a miles de galegas e galegos por unha Patria Soberana. A marcha, trufada de consignas clásicas como "Galiza Ceibe/Poder Popular! e berros a prol da independencia, foi multitudinaria. Vence foi moi duro con Feijóo, a quen cualificou de "pirómano por omisión".


Un Día da Patria Galega en Setembro? Algo así. Milleiros de persoas marchan a estas horas polas rúas do casco vello de Santiago, desde a Praza da Alameda até a da Quintana, cun único leit motiv: avanzar cara á conquista dunha Galiza soberana, dunha Galiza que se dote dun Estado propio.

O BNG volta con esta manifestación a demostrar a súa enorme capacidade de convocatoria, nun momento en que o nacionalismo galego mostra a súa desacomplexada aposta pola construción dunha Patria Soberana, a República da Galiza.

Na Quintana, e após a apresentación do acto a cargo do secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, tomaron a palabra representantes de distintos sectores sociais agredidos polas políticas do PP, desde o sector lácteo até as conversas, traballadoras/es de T Solar ou persoas que se viron obrigadas a emigrar por falta de oportunidades laborais na propia terra.