Morreu o histórico galeguista do PSOE Ceferino Díaz


Morreu o histórico galeguista do PSOE Ceferino Díaz
Finou aos 65 anos vítima dun cancro. Polí[email protected] que partillaron con el anos de traballo no Parlamento galego e no Congreso español destacan a súa capacidade de  traballo. Pachi Vázquez enfatiza o seu labor a prol "da incorporación do pensamento e do sentimento galeguista á conformación do PSdeG como alternativa á dereita" na Galiza


O histórico galeguista do PSOE Manuel Ceferino Díaz (O Saviñao, 1947) morreu este domingo aos 65 anos vítima dun cancro, segundo informou a formación que lidera Pachi Vázquez a través da súa conta na rede social Twitter.

Licenciado en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, Díaz Díaz foi profesor asociado de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC (1973-2000). En 1972 afiliouse ao PSG onde foi responsable das Mocidades e máis tarde do Frente do ensino.

En 1977 foi candidato do PSG por Lugo ao Parlamento español nas primeiras eleccións democráticas. En 1978 abandonou o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, formando parte do Colectivo Socialista Galego. Foi membro do Comité Nacional do PSdeG, deputado no Parlamento de Galicia (1981-1996), secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Congreso dos Deputados (200-2011). Publicou traballos en revistas sobre economía agraria. No ano 2008 deu ao prelo o libro de memorias A esforzada conquista da autonomía e en 2010 coordinou o libro Autonomía e modernidade en Galicia.

Condolencias

A Comisión executiva do PSdeG-PSOE expresou a través do seu secretario xeral, Pachi Vázquez, o seu pesar polo pasamento de Díaz. "A militancia fica orfa dunha das personalidades máis destacadas da longa historia do socialismo e do galeguismo", dixo Vázquez, enfatizando que "a súa contribución á democracia, ao Estado do benestar e ao autogoberno de Galicia figuran xa nos anais da nosa historia". Destacou tamén a "incorporación do pensamento e do sentimento galeguista á conformación do PSdeG como alternativa á dereita" na Galiza.

Tamén a Xunta enviou nun comunicado de imprensa o seu pésame polo pasamento. Núñez Feijóo destacou "a contribución do dirixente socialista á historia recente da comunidade autónoma", puxo en valor o seu traballo na Cámara galega e no Congreso e lembrou a "destacada achega" de Ceferino Díaz á política do País "desde os primeiros anos da transición democrática". 

Desde as filas do BNG as condolencias achegáronas Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, [email protected] respectivamente no Parlamento galego e no Congreso [email protected] [email protected] Lamentan "unha perda irreparábel como compañeiro de traballo e amigo persoal" e destacan a súa capacidade de traballo e a súa "grande humanidade".