O Concello da Coruña adxudica a xestión da rede de bibliotecas á empresa da irmá de Feijóo

O Concello da Coruña adxudica a xestión da rede de bibliotecas á empresa da irmá de Feijóo
Feijóo, presidente da Xunta
Feijóo, presidente da Xunta  
O Concello da Coruña adxudica un concurso máis ao Grupo Eulen, do que é apoderada a irmá do presidente Alberto Núñez Feijoo. Eulen xestionará a Rede de Bibliotecas da Coruña por 2.265.741€ ao ano.



O Grupo Eulen continúa a incrementar a súa presenza na Galiza e, en especial na xestión de centros de carácter cultural. A Xunta de Goberno da Coruña aprobou hoxe venres a concesión da xestión da súa Rede de Bibliotecas a Eulen por unha cantidade de 2.265.741€ ao ano. Coa rede de Bibliotecas Eulen amplia a súa presenza na cidade gobernada polo PP na que, conseguiran a xestión do Teatro Colón, un centro dependente da Deputación da Coruña, gobernada tamén do PP.

Até o de agora era requisito indispensábel para se presentar ser unha empresa especializada na xestión bibliotecaria. No último concurso o goberno municipal eliminou esa condición, o que facilitou a presentación de Eulen, que resultou gañadora do total das seis empresas presentadas.