O emprego estacional provoca unha caída do paro rexistrado no mes de xuño


O emprego estacional provoca unha caída do paro rexistrado no mes de xuño

O datos de paro rexistrado que vén de facer público o Ministerio de Emprego para o mes de xuño rexistran unha caída quer en Galiza quer no Estado. O traballo estacional fai baixar número de persoas desempregadas en 10.452 na Galiza. 

Os datos de desemprego en xuño rexistraron unha baixada de 10.452 persoas, un descenso debido ao emprego estacional que fan do mes un dos máis positivos do ano. Construción e servizos son os sectores que contribuíron ao dato. O número de persoas rexistradas no desemprego na Galiza sitúase así en 273.434. No total do Estado, o descenso é de 127.248 persoas.