O secuestro do Parlamento e a Galiza [email protected] 300.000 [email protected], no número 33 do semanario
Xa está no prelo o número 33 do noso semanario, centrado na grave crise vivida esta semana no Parlamento galego. Sermos Galiza editorializa sobre un asunto que conmoveu a vida política do país.


Alén da crise institucional desatada pola decisión da presidenta do Parlamento de Galiza, o número 33 do semanario debrúzase tamén sobre o imparábel medre do paro en Galiza, xa á beira [email protected] 300.000 [email protected]

Incluímos tamén entrevistas co portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez; do avogado de David Reboredo, o preso vigués non indultado polo Goberno Rajoy; e do escritor Sechu Sende.

Este número é tamén o da estrea como colaborador de Sermos Galiza de Cosme Torreiro, un espía nos quiosques. Imperdíbel a súa primeira peza.

Nas páxinas de Cultura, enxergamos desde Galiza a obra de Jane Austen Orgullo e Prexuízo, no 200 aniversario do seu aparecimento.