O resgate que vén e a fusión-fume de Oza-Cesuras, no número 31 do semanario

O resgate que vén e a fusión-fume de Oza-Cesuras, no número 31 do semanario
Xa está no prelo o número 31 do semanario Sermos Galiza, esta sexta feira disponíbel nos quiosques do país. O resgate que vén, a fusión fume Oza-Cesuras e o escándalo urbanístico que liga a Francisco Vázquez co xefe do empresariado galego, entre os contidos.

O número 31 vén carregado de contidos ben interesantes, desde unha viaxe de Rodri Suárez a Oza dos Ríos e Cesuras para contar as interioridades da fusión-fume até o relato do paradoxo que supón que o mesmo goberno que regala 10 millóns de euros ás rendas altas prepare xa o resgate que Feijóo tantas veces negou durante a pasada campaña eleitoral.

Redobramos a aposta pola opinión e a análise, con senllos artigos de Carlos Aymerich e Pilar García Negro, sobre os orzamentos e os enrubescentes eufemismos cos que a imprensa española se refire á "amiga" de El-Rei.

Na súa segunda entrega, o suplemento A FONDO aborda a cuestión da soberanía, desde o prisma das dificuldades que ten o Estado español por asumir a plurinacionalidade do Estado.