A “paletilla”, a parodia “galega” ao vídeo de Enrique Iglesias xa rula pola rede

A “paletilla”, a parodia “galega” ao vídeo de Enrique Iglesias xa rula pola rede

En galego, cunha particular versión da letra e moito humor, a parodia do vídeo de Enrique Iglesias rula xa pola rede. Discoteca fronte á rave “relixiosa” e postais no canto de imaxes das cidades galegas. VIDEO NO INTERIOR. 


Non tardou en aparecer e poucos datos dos créditos ofrecen. Rodado en Cerdeda,Taboada e Monforte de Lemos segundo din, asinan como “Páramo Pictures” con produción musical de Sueiro & Chis. 

Coa música da canción “De noche y día” do polémico vídeo de Enrique Iglesias, a parodia ofrece no lugar da rave en Carboeiro, unha festa discotequeira e nunha palleira. Rematan poñéndolle o número de conta a Feijóo para lle pedir “300 euros” mais en pouco desisten xa que chega unha conselleira co maletín dos 300.000 que se lle pagaron a Enrique Iglesias. 

A iniciativa súmase ao desesperado intento de AdelgazaMos3 por participar na "rave" de Enrique Iglesias. No vídeo, Rogelio Casa Baquero, J.M. García e J. Mos desprázanse a Carboeiro sen éxito ao topar coas portas do mosteiro pechadas. "Enrique, cando é a próxima festa?", pregúntanse, non sen lamentar que o seu exceso de peso pode ser unha das razóns de non entrar no guión do video polo que a Xunta pagou 302.000 euros. O video pódese ver aquí. 

                              



x