Os porqués do colapso demográfico na Galiza, debullados no nº81 do semanario

Os porqués do colapso demográfico na Galiza, debullados no nº81 do semanario

As primarias do PSOE e as decisións que terá que afrontar Anova nas vindeiras semanas, a conivencia do bipartito PP-PSOE cos responsábeis políticos do sinistro de Angrois, os impostos que o Estado impuxo aos e ás traballadoras autónomas e unha conversa co músico Alonso Caxade son algúns dos contidos que atoparás nestas 32 páxinas. 



O despoboamento do rural, a emigración, a inmigración e a taxa de natalidade máis baixa do Estado son os catro factores que analizamos como causa do colapso demográfico na Galiza. E que contamos nas outras 30 páxinas? Eis un breve resumo:

  • A fórmula de primarias en que aposta o PSOE centra a Crónica Política en que o xornalista Rodri Suárez explica como a maquinaria mediática converteu un artificio en necesidade histórica. 
     
  • Aproveitamos a sección de Galiza para achegar novos dados sobre o sinistro de Angrois e para recordar que o Estado español, coa conivencia do bipartito PP-PSOE, segue sen asumir as responsabilidades políticas.
     
  • Encetamos as páxinas de Política coas alianzas que as formacións Anova e Compromiso por Galicia estudan de cara ás eleccións europeas e unha entrevista con Guillerme Vázquez após tomar posesión como presidente da Fundación Galiza Sempre completan esta sección.
     
  • Nas páxinas de Economía conversamos con [email protected] autó[email protected] para coñecer de primeira man como afecta o imposto que o Goberno español lles está a aplicar desde o 1 de xaneiro e que supón pagar entre 60 e 700 euros máis ao ano. E analizamos tamén a reforma da PAC, que navega contracorrente ás aspiracións do agro galego.
     
  • As mobilizacións en Freiremar e a reforma da Seguranza Social que ampliará as funcións das mutuas privadas son os dous temas que levamos á sección de Traballo.
     
  • Iago Varela, integrante da iniciativa Mallando no Android, explica na páxina quincenal de Tecnoloxía o auxe do consumo colaborativo na internet
     
  • As presións da imprensa da ultradereita para a suspensión da 'autonomía' de Catalunya aparecen detalladas en Internacional.
     
  • O terceiro posto que lograron as mulleres da selección galega de rugby no Torneo autonómico de seleccións, narrado polo miúdo en Deportes. Por certo, convidan a que a quen lle preste este deporte faga parte dun adestramento canda elas. 
     
  • "Caxade é o folk en sentido orixinario: comunicar e reivindicar", di o músico Alonso Caxade na conversa con que nos agasallou para a sección de Cultura. Contámosche tamén as estreas teatrais de 2014 e a nosa Okapi enceta a leitura de O agasallo de Anya, a outra felicidade que viaxa entre Galiza e Ucraína. 
     
  • E para a Contracapa... unha tabertenda! Sabes o que é? Non perdas a entrevista con José Piñeiro e Cristina Rey, [email protected] desta iniciativa en Salceda de Caselas. Críticas de música, cinema e libros; artigos de opinión; pasatempos e un paseo polos 36 muíños do Folón e os 25 do Picón en Viaxes na Miña Terra completan este semanario.



x