Restitúen a faixa polo dereito ao aborto furtada en San Sadurniño

Restitúen a faixa polo dereito ao aborto furtada en San Sadurniño

O alcalde, Secundino García (BNG), asegura que a pancarta loce de novo "a pesar de quen tenta impoñer ideas do pasado e de quen quere facer calar á sociedade pola forza".

 


O Concello de San Sadurniño volveu pendurar a faixa na defensa do dereito ao aborto após ser furtada na noite do 31 de xaneiro. Logo de amainar o temporal que atinxe Galiza nas últimas semanas "traballadores municipais aproveitaron a relativa calma atmosférica" para colocar "na fachada da Casa do Concello unha nova pancarta co lema Polo dereito a decidir. Aborto libre e gratuíto", explica un comunicado emitido polo propio Concello. 

A colocación da faixa responde a un acordo plenario apoiado por BNG, PSdeG e PP

Desde a alcaldía de San Sadurniño lembran que a colocación da pancarta responde a un "acordo plenario" aprobado pola corporación municipal o 11 de xaneiro e que contou cos votos favorábeis [email protected] edís do BNG, PSdeG e PP. Un posicionamento unánime que rexeita a reforma da lei do aborto prevista polo goberno de Madrid e ao que @s [email protected] do PP deron o seu apoio, como tamén aconteceu "noutros municipios", lembra desde a corporación. 

Neste senso, a Alcaldía de San Sadurniño restituiu a faixa "a pesar de quen tenta impoñer ideas do pasado e de quen quere facer calar á sociedade pola forza", subliñou o rexedor do BNG, Secundino García. Aliás, desde o Concello lembran que a substración da pancarta "non respondía a un simple acto vandálico", senón "a un acto premeditado que atenta contra o patrimonio público e contra a vontade do pobo de San Sadurniño". 

"A retirada da pancarta non respondía a un acto vandálico, senón a un acto premeditado que atenta contra o patrimonio público e a vontade do pobo de San Sadurniño"

Manterán a faixa malia as presións da Igrexa e grupos católicos

Así, sinalan que poucos días despois de ser colgada o Foro Gallego de la Familia esixiu a través dos medios de comunicación que se retirase. De igual maneira, a Diócese de Mondoñedo-Ferrol expresou o seu malestar nunha carta enviada ao alcalde en que solicitaba, "pola boa relación entrambas institucións", a retirada da lenda. 

As presións exercidas por grupos católicos e pola propia Igrexa non ficaron só en San Sadurniño, o Concello de Pontevedra tamén denunciou o envío masivo de queixas por parte destes colectivos que, en non poucos casos, proviñan de fóra do territorio galego. Estas agresións foron rexeitadas pola Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto que aplaudiu a iniciativa dos concellos nacionalistas de amosaren o seu apoio aos dereitos das mulleres. 

Malia a presión da igrexa católica e dos grupos autodenominados provida, Secundino García sostén que embora existiren "moitas posibilidades de que a volvan roubar" [email protected] "temos que ter claro que esa pancarta reflicte un acordo adoptado de forma unánime pola corporación que representa a todos os veciños e veciñas de San Sadurniño", polo que "non imos tolerar que se siga atacando a Institución e continuaremos apoiando a liberdade de decisión das mulleres".