O segundo maquinista do Alvia di que a sinalización era suficiente


O segundo maquinista do Alvia di que a sinalización era suficiente

O outro condutor que viaxaba no tren sinistrado en Angrois prestou declaración esta segunda feira durante dúas horas

O segundo maquinista declarou perante o xuíz instrutor do caso Alvia esta segunda feira. No seu testemuño o outro condutor do tren sinistrado na curva da Grandeira (Angrois) o pasado 24 de xullo afirmou que a sinalización do traxecto era suficiencte pois existe unha sinal avanzada que indica a redución de velocidade perante a proximidade da curva e tres balizas, apuntou, que alertan poucos metros antes a chegada desde mesmo sinal. Aliás, subliñou que a distancia de freado precisa para ese tipo de comboios é de 4 quilómetros. 

O maquinista recordou que para conducir un tren das características do Alvia Madrid-Ferrol @s profesionais deben estar en posesión da súa licenza mais tamén dunha acreditación obtida a través dunhas probas específicas.  

Pola súa banda, o garda de seguridade que tamén viaxaba no tren sinistrado confirmou que a chamada telefónica entre o maquinista e interventor de Renfe rematou dez segundos antes de se producir a saída da vía. Segundo o traballador, practicamente non lembra o acontecido.