Seis [email protected] en relación coa fraude de axudas da Xunta á repoboación forestal

Seis [email protected] en relación coa fraude de axudas da Xunta á repoboación forestal

Denunciado desde hai meses por veciños da Costa da Morte e sindicato Fruga, o calote por estas subvencións ven de dar un novo xiro coa detención de seis persoas, entre eles empregados de entidades financeiras na zona


A operación 'Forest', desenvolvida pola Policía Nacional, leva nesta cuarta feira seis detidos: dous familiares dun empresario da zona da Costa da Morte e catro empregados de entidades financeiras que teñen desenvolvido cargos de directores de sucursais bancarias na contorna de Vimianzo, unha das áreas onde tivo incidencia a fraude relacionada coas subvencións da Xunta para repoboacións forestais.

No marco da operación, que segue aberta, está a se proceder a rexistros domiciliarios

Cómpre lembrar que xa en verán de 2012, desde Sermos Galiza recollíanse as denuncias a respeito dunha posíbel fraude. Informábase de que varios centos de veciñ@s da Costa da Morte estarían [email protected] por unha presunta fraude na concesión de axudas para traballos forestais. Unha situación que estaba a xerar un crecente malestar na veciñanza desa comarca e que podía ter graves consecuencias, pois na mesma poderían estar implicadas desde a administración autonómica até entidades financeiras da zona, segundo os denunciantes.

O xulgado de Corcubión estaba a investigar unha empresa presuntamente implicada nos feitos, destapados pola Federación Rural Galega (Fruga). A fraude sae á luz a raíz de que propietarios de montes na Costa da Morte decatáronse 'por casualidade' de que eran beneficiarios de axudas da Xunta que nin tiñan solicitado nin tampouco recibido.

Contas fraudulentas

Os cartos desas subvencións, unha vez concedidas, serían ingresados en contas bancarias presuntamente fraudulentas, abertas a nome deses propietarios sen eles o saberen. E mesmo esas actuacións de repoboación terían sido certificadas por técnicos como feitas, a pesar de non se teren,levado a cabo.

Unha situación esta que pouco a pouco ía afectando a máis e máis xente, que se atopaba con que eran beneficiarios dunhas axudas que nin solicitaran nin cobraran. 

Xuntanza con Medio Rural

Unha delegación de [email protected] pola presunta fraude sobre a xestión de axudas forestais na Costa da Morte, acompañados por membros do sindicato Fruga, reuniuse hai uns días co Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto. Na xuntanza, informaban dese a organización agraria, @s [email protected] puideron “expor en primeira persoa a situación na que se atopan” e “sen que, até hoxe, a adminitración emitirá declaración algunha de compromiso coa investigación do problema e a defensa das vítimas”.

A Fruga, así mesmo, sinalaba que Fernadez Couto se comprometeu a comprobar a totalidade de expedientes que poideran incorrer na mesma situación que os denunciados “así como a comunicar às presuntas vítimas a sua a súa posible utilización nesta fraude”.