Sermos Galiza sortea unha subscrición entre as 10 primeiras persoas que se fagan asinantes do semanario até o 13 de Marzo

Sermos Galiza sortea unha subscrición entre as 10 primeiras persoas que se fagan asinantes do semanario até o 13 de Marzo
A capa do número 79
A capa do número 79  

O 13 de Marzo, Sermos Galiza incrementará a súa paxinación. Máis páxinas, máis contido, polo mesmo prezo.


Consolidar o único semanario en galego, a única referencia informativa na nosa lingua que existe neste momento nos quiosques do país, depende de ti, depende de facermos entre [email protected] máis forte a Comunidade Sermos que partillamos.

Este é un proxecto colectivo, comunitario, e quer selo cada día máis.

Sermos Galiza fai un esforzo editorial -incrementar paxinación- nun momento en que infelizmente imperan os recortes e os retrocesos. Para celebralo con todas e todos vós, o semanario vai sortear unha subscrición absolutamente debalde entre as dez primeiras persoas que se fagan asinantes, que se subscriban, ao Sermos Galiza desde esta segunda feira, 3 de marzo, até a quinta feira 13 de marzo, o día en que sairemos a 40 páxinas.

Como podedes participar no concurso? É moi doado. Estes son os pasos a seguir:

1.-Subscríbete directamente nesta ligazón.

2. O 14/03/2013  recibirás un correo cun número asignado para participares no sorteo.

3.-Se o teu o número coincide coa última cifra do sorteo da ONCE do 21/03 /2013 , terás o Sermos debalde!

Participar é un modo máis de alargar a Comunidade Sermos, de sermos cada día máis Sermos Galiza, de impulsar e tornar máis grande, máis fecundo, un espazo de comunicación galego e en galego.