Ao vivo a segunda sesión das Xornadas Internacionais "Europa na encrucillada: crise, euro e UE"


Ao vivo a segunda sesión das Xornadas Internacionais "Europa na encrucillada: crise, euro e UE"

Sermos Galiza continúa a ofrecer a retransmisión do sinal en vídeo ao vivo ofrecida pola Fundación Moncho Reboiras, das II Xornadas Internacionais "Comprendermos a Crise" que teñen lugar esta sexta á tarde e sábado a mañá en Pontevedra. 

A Fundación “Moncho Reboiras” para o Estudo e Divulgación da Realidade Social e Sindical en Galiza (FESGA) organiza esta fin de semana unhas xornadas de debate e formación arredor da Unión Europea. Da man de [email protected] na materia, durante dous días a Fundación debruzarase sobre as interrogantes abertas após cinco anos de crise capitalista. 

Cabe ou non outra Europa? Sobre que bases debe desenvolverse? Manterse ou saír do Euro? Arredor destas preguntas e doutras preguntas xirarán as mesas de debate e reflexión que compoñen as xornadas intituladas “Europa na encrucillada: crise sistémica, euro e UE” e que decorrerán na cidade de Pontevedra os días 11 e 12 de abril co seguinte programa:

SÁBADO 12 DE ABRIL

09:30h           Recepción e acreditación de participantes

10:00h           Relatorio III: Políticas comúns para territorios diversosConsecuencias das políticas comunitarias nos sectores produtivos

                          Mar Pérez Fra (Galiza).

                          Doutora en CC. Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela é profesora no Departamento de Economía Aplicada. A súa liña de investigación céntrase nas políticas de desenvolvemento de   áreas rurais. 

10:40h           Debate e posta en común.

11:00h            Relatorio IV: É posíbel outra Europa? Escenarios e alternativas

                           Joan Junyent (Catalunya)

                          É membro do seminario de economía crítica Taifa, onde traballou en temas de sector público, políticas de benestar e o proceso de construción eruopea. É co-autor do libro “Que pensións? Que futuro?” e  dos informes periódicos que publica Taifa.

11:40h            Debate e posta en común

12:00h           Descanso

12:20h            Relatorio V: Que son os tratados de libre comercio? Experiencia do  combate popular en latinoamérica contra o ALCA

                           Leonardo Batalla (Uruguai) 

                          Membro da Coordinadora Política do Encontro Sindical Nuestra América (ESNA). É tamén sindicalista na Asociación de empregados bancarios do Uruguai (integrada no PIT-CNT).

13:00h           Debate e posta en común

13:20h           Acto de clausura das xornadas, coas intervencións de:

-Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras

-Representante do Concello Pontevedra