O Supremo obriga á Consellaría de Educación a garantir recoñecementos médicos ao profesorado


O Supremo obriga á Consellaría de Educación a garantir recoñecementos médicos ao profesorado

Após recorrer unha sentenza previa favorábel á CIG-Ensino, o Tribunal Supremo exixe que a administración galega garanta o recoñecemento médico periódico ao persoal docente e obriga á administración a asumir os costes do xuízo

Así o recoñeceu o Tribunal Supremo. A Xunta de Galiza non poderá continuar a negar este dereito @s docentes da rede de ensino público como pretendía a Consellaría de educación e deberá  garantir recoñecementos médicos periódicos para o profesorado público de acordo co estabelecido na Lei 31/1995 de Prevención de riscos laborais

Após o recurso presentado pola administración galega --que se negaba a dar cumprimento a unha sentenza de 2012 do TSXG--, o Tribunal Supremo vén de de dar de novo a razón á CIG-Ensino e obriga á Xunta de Galiza a cumprir co legalmente estabelecido respectando o dereito do persoal docente aos recoñecementos médicos.

O Tribunal Supremo, que desestima o recurso presentado pola Xunta obriga, asemade, ao executivo galego a asumir os costes do xuízo ao entender que o posicionemento da Xunta supuña un tratamento discriminatorio para máis de 30.000 traballadoras e traballadores. 

Desde a federación da central nacionalista exixen á Consellaría que "cumpra" coas súas orbigas legais e garanta o recoñecemento médico neste curso académico, do contrario, advirten que acudirán de novo aos tribunais para a obriguen a o executar.