Un novo deseño, un caderno de análise e información alternativa, no número 30 do semanario

Un novo deseño, un caderno de análise e información alternativa, no número 30 do semanario
O número 30 do Sermos Galiza sae do prelo cun novo deseño gráfico -máis claro, máis de vangarda- un caderno de análise de 8 páxinas e información alternativa.

Por que o PP fai de escudo fiscal dos megarricos, como Amancio Ortega? Que pretende a dirección de Novagaliciabanco? Cara a onde camiña a demografía galega? Os orzamentos da Xunta para 2013 agravarán ou amortecerán a durísima costa de Xaneiro?

Algunhas destas perguntas achan resposta no número 30 do semanario Sermos Galiza, esta sexta feira nos quiosques do País.

Esta entrega é tamén a da estrea dun caderno de análise de 8 páxinas que leva como título xenérico A FONDO. O seu primeiro número, dedicado aos efeitos da reforma laboral do Goberno Rajoy, foi coordenado por Xabier Pérez Igrexas.



x