A defensa [email protected] catro independentistas pide a libre absolución nun xuízo que concluirá esta quinta feira


A defensa [email protected] catro independentistas pide a libre absolución nun xuízo que concluirá esta quinta feira

O Ministerio Fiscal defende a pertenza [email protected] 4 independentistas a “banda armada” e pide para [email protected] até 64 anos de cadea. A defensa nega a existencia de terrorismo na Galiza e pede a libre absolución para @s [email protected]

Após tres días de vista oral, as partes pronunciaron senllos alegatos á espera de que a Sala do Penal da Audiencia Nacional emita sentenza nos vindeiros días. Desde a defensa e o Observatorio de Dereitos Fundamentais (Esculca) denunciaron “graves vulneracións” nos dereitos [email protected] [email protected], antes e durante o proceso xudicial. 

Así, o avogado de María Osório exixiu a anulación dalgunha das probas periciais por se “vulnerar a cadea de custodia” dos documentos grafolóxicos, algo que considerou como “unha chapuza policial”.

O Ministerio Fiscal defende a existencia de RG por empregar termos como “patriota”

O fiscal Azcárraga acusou @s catro independentistas de pertenza “a organización armada” baseándose nos informes achegados polos servizos de intelixencia e axentes da policía española e da Garda Civil. 

O Ministerio Fiscal atribuiu a cita "denantes mortos que escravos" aos "tercios gallegos" e asegura que "denantes" non existe en "gallego lusista nin en el otro" 

Neste senso baseou boa parte das súas acusacións no material incautado pola policía española no decorrer da Operación Castiñeira (2006), causa que foi sobreseída en 2008.

Aliás, a fiscalía vencellou a existencia dunha suposta organización armada na Galiza ao “propósito” das accións en causa apelando á definición recollida no Código Penal, mais non achegou ningunha proba que acreditase a existencia dunha estrutura organizada que empregue métodos violentos para lograr fins políticos, para alén das conclusións dos informes policiais nos que se estabelece unha “correlación organizativa” entre distintas organizacións do nacionalismo galego ao longo da súa historia, tildada pola defensa como “tendenciosa” e “falaz”. 

Cumpre lembrar que a peritaxe policial fixou unha conexión liñal entre “a UPG de Moncho Reboiras, LAR, o EGPGC e RESIS”, este último suposto xérmolo de RG. 

A defensa di que “non hai nada que acredite” a existencia de RG para alén “de especulacións policiais”

Para os avogados da defensa, “nada do aportado polo plenario” demostra que haxa en Galiza un entramado organizativo con fins terroristas, sendo que –enfatizaron os letrados-- para falarmos da existencia dunha organización armada –de acordo coa xurisprudencia da AN, do Tribunal Supremo e mesmo de abondosa literatura penalista-- é preciso que se dean condicións como unha estrutura organizada e xerarquizada, medios de financiamento e instrumental idóneo para perpetrar un atentado, a comezar por armamento. Ningún destes requisitos concorrerían neste caso, salientaron os avogados da defensa.

A defensa asegura que de acordo coa xurisprudencia "fenómenos delictivos de motivación política non sempre son terrorismo"

Neste senso, os letrados de Antóm Santos, María Osório, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega 'Teto' consideraron que ningunha das accións atribuídas aos acusados poden ser consideradas como “terrorismo”, pois ningunha delas implicaría “atemorización, intimidación, desestabilización económica e política e a violación dos dereitos fundamentais das persoas”.

Así, e tomando como base os testemuños dos representantes parlamentares, indicaron que “na Galiza non existe un temor social” ao terrorismo nen existe "consenso político" que permita deducir a existencia dunha ameaza terrorista, como ficou en evidencia cando as forzas da oposición parlamentar non deron apoio á declaración instititucional presentada polo Partido Popular.

“Non hai nada que acredite, para alén das especulacións policiais, a existencia dun grupo terrorista”, na Galiza, puxeron en destaque os avogados da defensa que acudiron a múltiples sentenzas do Tribunal Supremo para se referiren a casos anteriores en que as persoas xulgadas –embora participasen de accións violentas contra bens e persoas-- non foran consideradas como terroristas, entre elas “comandos anarquistas”, LatinKings, ou organizacións de corte fascista e neonazi como Falange e Thor's Hammer. 

Os avogados defensores enfatizaron que non existe "temor social", como proba da inexistencia dunha organización armada na Galiza

"Fenómenos delictivos de motivación política non sempre son terrorismo", afirmou o avogado de Antóm Santos, Borja Colmenero. "Non, se non se pode acreditar", continuou, a existencia dunha estrutura organizativa, a conexión entre os seus líderes, o recurso a vías de financiamento e a posesión de medios acaídos para levar a cabo os seus obxectivos. 

Asemade, en ningún dos acusados existe –segundo a defensa-- “conduta de pertenza” a banda armada, pois na súa declaración @s catro independentistas negaron a existencia de RG,  ben como, obviamente, a súa  pertenza a unha organización tildada mesmo de “pantasma” polos avogados. Para así o facer, aseveraron, exixiríase "compromiso do militante, a súa pertenza a unha estrutura e a reivindicación desa pertenza". 

"O relevante son as súas ideas, non os seus actos"
A Fiscalía, embora asegurase non pretender “criminalizar o independentismo,” considerouse abocada a “nomear organizacións que se insiren no entramado de RG” e, destarte, voltou a implicar a organizacións como AMI e asociacións como AMAL ás que acusou de dar “xustificación ao uso da violencia”.

A defensa xulga que estamos perante unha causa política, como demostraría o feito, alega, de que cotnra Antóm Santos, historiador e investigador especializado no nacionalismo galego, só existe unha acusación, a de ser o "líder ideolóxico" de RG. As probas para este cargo serían a "abundante literatura revolucionaria" incautada no rexistro da súa morada. Borxa Colmonero enfatizou que un dos peritos policiais chegou a asegurar, no seu testemuño contra Antom Santos, que "o relevante son as súas ideas, non os seus actos".

Desde a defensa peden a libre absolución [email protected] catro [email protected]