Trece maxistrados do Supremo piden a Rajoy que actúe perante as "inxerencias" de Interior

Trece maxistrados do Supremo piden a Rajoy que actúe perante as "inxerencias" de Interior

Instan o presidente do goberno español a adoptar as medidas oportunar para "pór couto" a declaracións como as pronunciadas por Fernández Díaz en relación coa excarcelación de [email protected] [email protected]


Trece dos 18 maxistrados que compoñen a Sala do Penal do Tribunal Sumpremo remitiron esta quinta feira (18 de decembro) unha carta ao presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lemes para lle pedir que actúe perante as "inxerencias" do Ministerio de Interior na actuación do poder lexislativo. 

Segundo o documento enviado tildan de "lamentábeis" as declaracións pronunciadas polo ministro Jorge Fernández Díaz en relación coa recente excarcelación de [email protected] [email protected], das que dixo poderían incorrer nun "posíbel delito de prevaricación" ao coidalas "profundamente inxusta[s]". 

Así mesmo, afirmou parecerlle "lamestábel desde todos os puntos de vista, tamén xuridicamente" a posta en liberdade destes cidadáns bascos. 

Desde o Supremo, as trece persoas asinantes do documento amosan o seu "desasosego" por estas afirmacións e instan o presidente do Supremo, o poder xudicial e mesmo o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, a adoptar as medidas oportunas para que cesen estas "inxerencias" políticas na súa actividade.