50.000 persoas marchan en Bilbo contra o xuízo a actIvistas defensores de presos

50.000 persoas marchan en Bilbo contra o xuízo a actIvistas defensores de presos
Cabeceira da manifestación deste 14 de setembro en Bilbo, en protesta contra o macroxuízo a activistas en defensa dos dereitos dos presos. Imaxe: cedida.
Cabeceira da manifestación deste 14 de setembro en Bilbo, en protesta contra o macroxuízo a activistas en defensa dos dereitos dos presos. Imaxe: cedida.  
Arredor de 50.000 persoas segundo cálculos do xornal vasco Naiz marcharon este sábado 14 de setembro polas rúas de Bilbo en protesta polo macroxuízo contra 47 persoas pola súa actividade en defensa dos dereitos das persoas presas.

O xuízo comezará en Madrid esta segunda feira. “Esta vaga de solidariedade é tamén un pronunciamento contundente da sociedade vasca contra un proceso xudicial que está fóra de tempo, de lugar e fóra de medida, inxusto e absolutamete infundado”, declarou ao inicio da manifestación Amaia Izko, unha das avogadas do colectivo.

“Queremos seguir mirando ao futuro, avanzando, non acepotamos estratexias que nos levan ao pasado, que nos encadean”, engadiu Izko.

Sesenta autobuses sumaron asistencia á plural representación da sociedade vasca que se sumous á protesta. Ademais de destacados dirixentes de EH Bildu, entre eles o seu coordinador xeral Arnaldo Otegi ou a deputada no Concgreso Mertxe Aizpurua, ou membros da Asemblea Nacional Catalá, tamén apoiaron a protesta os sindicatos, incluído Comisións Obreiras.

Os 47 encausados afrontan unha petición fiscal de 601 anos de cárcere. “O xuízo pretende castigar estas 47 persoas e o seu traballo está fóra de tempo e lugar, tanto agora como antes, ademais de bater cos desexos de paz e de xustiza da cidadanía vasca”, consideraron os promotores.