57 por cento da poboación venezuelana considera Maduro o presidente lexítimo do país

57 por cento da poboación venezuelana considera Maduro o presidente lexítimo do país

Guaidó sería visto como presidente polo 32 por cento dos votos.


A enquisa foi elaborada polo instituto Hinterlaces, dirixido por Óscar Schemel, membro da asemblea constituínte do país en representación do sector empresarial [na cámara as distintas esferas da vida social teñen os seus voceiros], de tendencia chavista.

No traballo Hinterlaces tería entrevistado 1.580 persoas entre os días 21 de xaneiro e 2 de febreiros.


O resultado é que Maduro contaría co recoñecimento como presidente de 57 por cento, en tanto que Guaidó tería o apoio de 32 por cento. A opción non sabe, non contesta tería o refrendo de 11 por cento.

Mentres tanto, o líder chavista mostrou o músculo organizativo das milicias bolivarianas, cunhas manobras que deron comezo este domingo e que se prolongarán até o 15 de febreiro.



x