A xuíza acusa a UGT e CC OO de se financiar coa trama andaluza dos ERE


A xuíza acusa a UGT e CC OO de se financiar coa trama andaluza dos ERE

De acordo coas investigacións da xuíza Mercedes Alaya, as consultoras Uniter e Vitalia e o bufete Estudos Xurídicos Villasis, firmas envolvidas na trama dos ERE, terían abonado a UGT e CC OO máis de 7,6 millóns de euros en comisións.

De acordo coas investigacións da xuíza Mercedes Alaya, as consultoras Uniter e Vitalia e o bufete Estudos Xurídicos Villasis, firmas envolvidas na trama dos ERE, terían abonado a UGT e CC OO máis de 7,6 millóns de euros en comisións. Os sindicatos españois négano e argumentan que o seu labor apenas era de mediación.

UGT e CC OO participaron durante unha década da trama de financiamento irregular que se agacha, de acordo coa xuíza, detrás da tramitación dos ERE (Expedientes de Regulación de Emprego) en Andalucía.

Os sindicatos de ámbito estatal obterían estas comisións a cambio de facilitar os EREs.

A cúpula andaluza de UGT negou as acusacións: "Non somos conseguidores nen intermediarios nen facemos parte dun grupo cuxo obxectivo era se lucrar".

A xuíza entende que as consultoras percibían sobrecomisións por parte da Administración pública á hora de tramitaren os EREs. Parte desas sobrecomisións, conclúe a maxistrada, teríanse desviado ás arcas dos sindicatos españois.