![Foto de familia do novo executivo catalán [Foto: Govern] Foto de familia do novo executivo catalán [Foto: Govern]](/media/sermosgaliza/images/2018/06/02/2018060218073599830.jpg)
A toma de posesión do Govern Torra clausura a intervención estatal sobre o autogoberno catalán. Quixo o calendario político que o evento coincidise coa promesa de Pedro Sánchez do seu cargo de presidente. Nun emotivo discurso, Quim Torra apelou ao espírito do 1 de outubro -o referendo reprimido pola policía española-, e rendeu tributo aos líderes soberanistas presos ou exiliados.