Adeus, Macri

Alberto Fernández e Cristina F. Kitchrner, de Frente de Todos, celebrando a vitoria. (Frente de Todos)
Alberto Fernández e Cristina F. Kitchrner, de Frente de Todos, celebrando a vitoria. (Frente de Todos)  

Alberto Fernández é o novo presidente arxentino e Cristina Fernández, vice presidenta. Obtiveron 48% dos votos, 8 puntos por riba do actual mandatario.


Arxentina dixo adeus a Mauricio Macri, o presidente que nestes anos aplicou sen lle tremer a man duras políticas económicas e sociais que xeraron un enorme descontento popular. Alberto Fernández é o novo presidente de Arxentina e Cristina Fernández será a súa vice presidenta. Obtiveron máis de 48% dos votos, fronte ao actual xefe de Estado, que só gañou 40,4%. Unha derrota clara.

Fernández admitiu que "chegarán os tempos difíciles", criticou a herdanza deixada por de Macri – ao que responsabilizou da grave crise económica - e prometeu que ía colaborar "con todos e todas" para que os arxentinos "deixasen de sufrir", reconstruíndo "o país das cinzas en que o deixaron" .

O presidente electo dixo que o 10 de decembro de 2015 " instaláronse no goberno persoas que acreditan que hai un momento en que os ricos gañan tanto que comezan a derramar riqueza sobre os pobres mais non se dan conta de que o que acontece é que uns poucos ricos se enriquecen e millóns de arxentinos fican magoados, e esa páxina comeza a cambiar hoxe

Mentres celebrou o triunfo, o presidente electo felicitou o presidente boliviano Evo Morales polo seu cuarto mandato e pediu a liberación de Lula da Silva, o ex presidente brasileiro.