Alabama prohibe o aborto sen excepcións por violación ou incesto

Alabama prohibe o aborto sen excepcións por violación ou incesto
Manifestacion anti aborto en EUA.
Manifestacion anti aborto en EUA.  

Castigará con 99 anos de cárcere os médicos que violen esta lei.


O Senado de Alabama, Estados Unidos, de maioría conservadora e no que hai só 4 mulleres entre os 35 integrantes, aprobou a lei máis restritiva dese país sobre o aborto, prohibindo todo tipo de irrupcións voluntarias do embarazo, incluso en casos de violación ou incesto. Só se permitirá en caso de que sexa necesario para salvar a vida da nai e pune con até 99 anos de prisión os médicos que violen a lei.

A norma aprobada en Alabama vai máis alá das chamadas ‘leis do latexo’, que saíron adiante nos últimos meses noutros estados do sur e medio oeste de EUA mais ten o mesmo propósito e obxectivo: prohibir abortar desde as seis semanas de embarazo, un prazo no que moitas mulleres non saben nin que están embarazadas.

Queren elevar o tema até o Tribunal Supremo coa esperanza de que a súa nova maioría conservadora dea marcha atrás na decisión de 1973 de legalizar o aborto.

.