NOVA CAMPAÑA DAS PLATAFORMAS DE APOIO

Altsasu: 1.000 días en prisión

Altsasu: 1.000 días en prisión
Manifestación en Altsasu o pasado ano pola liberdade dos tres mozos. Foto: cedida.
Manifestación en Altsasu o pasado ano pola liberdade dos tres mozos. Foto: cedida.  
Familiares e amigas dos tres mozos de Altsasu encarcerados hai agora 1.000 días subiron este sábado, 10 de agosto, ao monte Beriain. Escolleron ese simbólico lugar para presentar a nova campaña de apoio a Jokin Unamuno, Oihan Arnanz e Adur Ramírez de Alda.

Os tres rapaces fixeron mil días en prisión cando aínda non hai sentenza firme. Un incidente nocturno cuns gardas civís de paisano e febles probas circunstancias leváronos a actual situación. A Fiscalía do Estado chegou a acusalos de delito de terrorismo, finalmente descartado.

A contorna dos detidos nunca deixou de denunciar o sucedido e o desproporcionado do caso. O Tribunal Supremo fixou a vista para analizar os recursos da defensa e as impugnacións da acusación a estes recursos. Antes, amigas e familiares percorrerán vilas e cidades de Euskal Herria para recoller mensaxes de apoio aos presos, informa Naiz.info.

Esa foi a iniciativa que comezou este 10 de agosto no monte Beriain, en Nafarroa. “O día de hoxe foi como todo o proceso. Estivo anubrado, había pedras e costas, mais por intres vimos o sol”, declarou Bel Pozueta, da plataforma Altsasu Gurasoak: “Hoxe chegamoas á cima do Beriain, pero a verdadeira cima será a liberdade dos nosos fillos”.