Cargas e detidos en Barcelona nas protestas contra o Consello de Ministros

Cargas e detidos en Barcelona nas protestas contra o Consello de Ministros
Imaxe: Nació Digital
Imaxe: Nació Digital  

Catalunya amenceu cunha quincena de estradas afectadas polas accións dos CDR. Esta xornada hai convocadas diferentes mobilizacións por colectivos independentistas. 


O espazo que rodea Llotja de Mar, onde se reune en Barcelona o Consello de Ministros español, está blindado, con varios perímetros de control a cargo dos Mossos e Policía española. Xa están en marcha varias manifestacións independentistas, convocadas polos CDR, e na zona do Paral.lel xa decorreron as primeiras cargas policiais. Hai varias persoas detidas.

Os protestos pola realización en Barcelona este 21-D dun Consello de Ministros do goberno español comezaron cediño, antes das seis da mañá, con cortes en diversas estradas catalás. Ás 8:00 H. Estaban afectadas por estas accións dos CDR unha quincena de vías, entre elas a AP-7 á altura de Ampolla e a C-16 en Manresa, entre outras.
 

Queima de pneumáticos ou árbores cortadas son algúns dos elementos empregados para estos protestos, así como a prsenza de grupos de persoas. A situación varía a cada pouco xa que ábrense e féchanse vías segundo as accións dos CDR. O tráfico pode segurise ao vivo aquí.

Ao longo da xornada hai convocadas diferentes mobilizacións e accións desde sectores do independentismo para protestar por unha presenza, a do Consello de Ministros no aniversario do 21-D, que consideran unha provocación. Esta data, 21 de decembro, foi na que en 2017 tiveron lugar as eleccións catalás convocadaspor Madrid  baixo o 155.