CATALUNYA

Amnistía Internacional solicita liberdade inmediata para os Jordis

Amnistía Internacional solicita liberdade inmediata para os Jordis
Adela Ribas, Esteban Beltran e Daniel Joloy, portavoces de Amnistía Internacional (EP)
Adela Ribas, Esteban Beltran e Daniel Joloy, portavoces de Amnistía Internacional (EP)  

Amnistía Internacional apresentou publicamente na terza 19 de novembro un informe en que esixe a liberdade dos presos independentistas Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.


A entidade defensora dos dereitos humanos, que xa cualificara a senteza como desproporcionada, tamén solicita a anulación da condena por sedición. Esteban Beltrán, portavoz de AI no Estado español asegurou que emprenderán accións para conseguir a liberación dos Jordis, aínda que non adiantou en que consistirán. 

Haberá mesa de partidos

O Govern de Catalunya anunciou esta terza feira, a través do conseller de Territori Damià Calvet, que a comezos do mes de decembro convocará a mesa de diálogo de partidos cataláns, que actualmente se atopa paralizada desde a primavera.

Partido Popular e Ciudadanos xa anunciaron a súa ausencia da mesa, mentres que o PSC, por medio da súa portavoz Eva Granados, confirmou a súa presenza argumentando que sempre vai a onde se lle convoca, mais asegurou que non confía na utilidade da mesa para a resolución do conflito.