Ana Miranda, na delegación que visita a Junqueras, Romeva e Cuixart

Ana Miranda, na delegación que visita a Junqueras, Romeva e Cuixart
[Imaxe: EHBilduEuropa] Miranda, con outras representantes políticas, esta segunda feira en Lledoners.
[Imaxe: EHBilduEuropa] Miranda, con outras representantes políticas, esta segunda feira en Lledoners.  
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, forma parte dunha delegación de europarlamentarios que se reúne con Oriol Junqueras, Raul Romeva e Jordi Cuixart en vésperas da Diada.

Esta visita é a terceira de Ana Miranda aos presos políticos cataláns, nas que ademais de trasladar o apoio do Bloque ás persoas que loitan polo dereito a decidir, subliñou que “un problema político ten que ter unha solución política e dialogada”. Neste sentido, a portavoz nacionalista en Europa fai referencia ás recentes declaracións do relator especial de Nacións Unidas para a Liberdade de Expresión e Opinión, el norteamericano David Kaye, quen pediu ao goberno español que non acusen de delito de rebelión aos
políticos cataláns.

“Que o relator da ONU diga que as sentencias por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta”, apunta Ana Mirada.

Miranda representa o BNG na plataforma Diálogo UE - Catalunya, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos. No encontro cos presos políticos tamén participarán, entre outros, o eurodeputado François Alfonsi (do Europe Ecologie, de Corsica) e Mark Demersmaeker (Former MEP e senador do Parlamento belga).