Berlusconi: 7 anos de cadea e inhabilitación de por vida


Berlusconi: 7 anos de cadea e inhabilitación de por vida

O ex-primeiro ministro italiano foi declarado culpábel dun delito de abuso de poder e indución á prostitución de menores

 

Aínda non entrará en prisión mais a sentenza é firma. O ex-primeiro ministro italiano e líder do primeiro partido da oposición foi condenado por un tribunal de Milán a 7 anos de cadea e inhabilitación vitalicia para a carreira pública por abuso de poder e indución á prstitución de menores no coñecido como caso Ruby. 

Segundo o Ministerio fiscal Silvio Berlusconi empregara a súa responsabilidade pública para liberar á moza de 17 anos (en 2010), detida por furto e após un ano "por ter pagado servizos sexuais á menor". 

Desde a súa entrada na política en 1994 o ex-primeiro ministro italiano foi condenado a máis dunha década de prisión porén el continúa a asegurar que é inocente. Porén, embora a sentenza non sexa firme, desde a Fiscalía pescudarán en posíbeis declaracións falsas durante diversos procesos xudiciais en que se viu involucrado Berlusconi.