O Borbón asina a súa abdicación e dá paso a Felipe VI

O Borbón asina a súa abdicación e dá paso a Felipe VI
[Imaxe La Moncloa]
[Imaxe La Moncloa]  

O que ocupou a xefatura de estado nos últimos 39 anos selou a lei orgánica que rexe a súa renuncia e que abre o camiño para a coroación do seu fillo esta quinta feira. 


Juan Carlos I asinou esta cuarta feira a lei orgánica pola que se oficiará a súa abdicación. Após dúas semanas do anuncio pronunciado polo presidente do goberno español, o Borbón selou a norma nun acto institucional no que tamén estiveron presentes a raíña, Letizia Ortíz, Mariano Rajoy, os presidentes do Congreso e do Senado e [email protected] representantes institucionais.

A norma entrará en vigor a partir da medianoite após sexa publicada no Boletín Oficial do Estado. Na quinta feira está previsto que os actos de coroación de Felipe VI comecen ás 10.00 horas. As rúas de Madrid que acollerán o paseo 'real' locen xa xigantescas bandeiras españolas e controis policiais que impedirán a presenza de manifestantes ou simboloxía anti-monárquica para alén de republicana.