Boris Johnson perde a maioría absoluta tras marchar un deputado conservador

Boris Johnson perde a maioría absoluta tras marchar un deputado conservador
O primeiro ministro británico Boris Johnson esta terza feira, 3 de setembro, no Parlamento. Foto: cedida.
O primeiro ministro británico Boris Johnson esta terza feira, 3 de setembro, no Parlamento. Foto: cedida.  
A vía do primeiro ministro británico Boris Johnson cara ao Brexit complícase. Aínda que el mesmo se comprometeu a facelo efectivo antes do 31 de outubro haxa ou non acordo parlamentario sobre como facelo, esta terza feira perdeu a maioría absoluta. O deputado conservador por Bracknell Philip Lee pasouse ao grupo Liberal-Demócrata.

carta philip leeLee anunciou que abandonaba os escanos do Partido Conservador mentres Johnson se defendía na Cámara da oposición e de membros denominados rebeldes que pelexan contra “un Brexit sen acordo”. Militante tory desde hai 27 anos, o parlamentario argumenta a súa decisión nunha carta en que se refire á súa xa ex organización “como unha vez gran partido e agora próximo a unha reducida facción”. Culpa da deriva “ao proceso do Brexit”.

Laboristas, Liberal-Demócratas e nacionalistas escoceses e galeses impulsan unha resolución con rango legal que obrigue ao primeiro ministro a solicitar da Unión Europea unha ampliación do prazo de negociación de polo menos dous meses. O obxectivo é evitar a chamada “saída dura”.

Despois do abandono de Philip Lee, a maioría de Johnson mantén 320 asentos na Cámara dos Comúns, os mesmos que a oposición. Mais na alianza conservadora, dez pertencen aos unionistas norirlandesas de dereita dura DUP e outro a un parlamentario suspendido por abusos sexuais. A maiores, analistas estiman que entre 10 e 20 membros do grupo conservador apoian a iniciativa para evitar o “Brexit duro”.

Nota: carta do parlamentario Philp Lee a Boris Johnson en que explica por que abandona o Partido Conservador.