As cargas policiais no Prat deixan máis de 100 persoas feridas, entre elas un rapaz que perdeu un ollo e outro un testículo

As cargas policiais no Prat deixan máis de 100 persoas feridas, entre elas un rapaz que perdeu un ollo e outro un testículo

24 das feridas precisaron de atención en centros sanitarios.


Un total de 115 persoas resultaron feridas nas cargas policiais que esta segunda feira tiveron lugar no aeroporto do Prat contra manifestantes que se mobilizaban contra a sentenza do Supremo que condenada a anos de prisión a líderes independentistas. Desas persoas, 24 precisaron atención en centro sanitario. Un rapaz de 22 anos de idade que perdeu un ollo e outro de 19 que perdeu un testículo (ambos por disparos de axentes policias, o primeiro por pelota de goma e o segundo por proxectil foam) foron os casos máis graves polo de agora.

Son datos fornecidos desde Som Defensores, un dispositivo activado por asociacións e entidades que traballan nos dereitos e liberdades civís, houbo seis casos de persoas que recibiron impactos de proxectís de foam, cinco por fortes golpes de porra na testa e 16 con lesións de diverso tipo.

As observadoras de Som Defensores tamén rexistraron limitacións de movemento e agresión verbais por parte dos axentes, para alén de que nas cargas houbo 11 xornalistas agredidas.