Carmena: "En Venezuela vívese unha ditadura horrorosa e é imprescindíbel acabar con ela"

Carmena: "En Venezuela vívese unha ditadura horrorosa e é imprescindíbel acabar con ela"
manuela carmena La sexta
manuela carmena La sexta  

Referente da esquerda autoproclamada rupturista —"Carmena non é Íñígo [Errejón]", declarou recentemente Pablo Iglesias—, Manuela Carmena, candidata á reelección como alcaldesa de Madrid fai seu o discurso da dereita sobre Venezuela.

Nunha entrevista no programa televisivo Espejo Público, Manuela Carmena declarou que "en Venezuela se está a vivir unha ditadura horrorosa" e que, consecuentemente, "é imprescindíbel acabar con esa ditadura".

Dixo máis: que a autoproclamación de Juan Guaidó como presidente da república bolivariana "en absoluto" constitúe un golpe de estado e que apoia "sen inconvenientes" o recoñecimento do dirixente dereitista como novo xefe do estado venezuelano.

O recoñecimento de Guaidó é un xesto "insuficiente", alegou, e do que se trataría agora é de deixar atrás a ditadura sen "derramamento de sangue".

As declaracións de Carmena contradín o posicionamento do seu propio grupo —Agora Madrid— que a pasada cuarta feira votou contra varias mocións de PP e Cs a prol do recoñecimento de Guaidó.

O aliñamento de Carmena cos sectores progolpistas chega despois de se publicaren inquéritos que apuntan a unha hipotética maioría absoluta das tres forzas da dereita —PP, Cs e Vox— en Madrid.

x