CONGRESO

Casado facilitará a Vox obter asento na Mesa do Congreso

Casado facilitará a Vox obter asento na Mesa do Congreso
Pablo Casado nunha rolda de prensa en Croacia (EP)
Pablo Casado nunha rolda de prensa en Croacia (EP)  

O líder do PP rexeita os «cordóns sanitarios» á ultradereita, cualifica Vox de «constitucionalistas» e non impedirá que obteñan representación na Mesa do Congreso.


A formación de Santiago Abascal ten máis doado obter representación na Mesa do Congreso grazas ao Partido Popular. Pablo Casado rexeitou esta cuarta feira 20 de novembro a posibilidade de acordar co resto de forzas unha conformación da Mesa que non incluíse a ultradereita, tal e como fan noutros parlamentos da Europa.

«O PP nunca participará de cordóns sanitarios fronte a partidos constitucionalistas», asegurou Casado en referencia a Vox

«O PP nunca participará de cordóns sanitarios fronte a partidos constitucionalistas», asegurou Casado en referencia a Vox ante os medio de comunicación.

O vindeiro 3 de decembro, cadrando coa constitución da nova Cámara Baixa, elixirase a Presidencia do Congreso, que será a persoa que máis votos obteña.

A elección das catro vicepresidencias e das catros secretarías faise por voto en urna e é nesas onde Vox ten máis facilidade de alcanzar unha praza ao ser a terceira forza máis numerosa e contar con 52 votos .

Unha vez que Casado rexeita realizar o denominado «cordón sanitario», só será posíbel evitar que Vox acceda a eses cargos institucionais mediante un acordo entre PSOE, Unidas Podemos e as forzas nacionalistas.

Xa na anterior lexislatura o PP rexeitara sumar os seus votos ao resto de forzas para evitar que Vox acadase representación nas comisións parlamentarias e posibilitou tamén que ocupasen postos nas mesas.