Catorce países africanos adoptan o 'iuan' como moeda de reserva

Catorce países africanos adoptan o 'iuan' como moeda de reserva

Nixeria, a principal economía de África, abandona o dólar e emprega a moeda chinesa para as transaccións comerciais.


En 2014 Nixeria pasou ser a principal economía africana, desbancando dese posto Sudáfrica e situándose así como un dos principais motores económicos do continente. Agora, Abuia (capital nixeriana e sede do goberno) vén de decidir que o país abandona o dólar e adopta a moeda chinesa 'iuan' para todas as súas operacións comerciais. China pasa así ser socio preferente de Nixeria e dá un paso de gran caldo en termos económicos, comerciais e xeoestratéxicos. Non debemos esquecer que 22% da débeda pública africana ten China como acredor.

En marzo, Nixeria asinou un acordo co banco chinés máis importante, ICBC, para adoptar o 'iuan' para as súas operacións comerciais. Para iso, o país africano fixo un intercambio de divisas por valor de 2,5 mil millóns de dólares en iuans.

O paso dado por Abuia continúa a tendencia que se esá a asentar no continente. Así, a finais do pasado mes de maio, 14 países africanos e 17 bancos centrais reuníronse en Zimbawe para adoptar o 'iuan' como moda de reserva.

Recentemente, Pequín asinaba con Angola un importante acordo polo cal China vai pagar en iuans o petróleo que adquiera ao país africano.