Que asinaron exactamente Kim e Trump?

Que asinaron exactamente Kim e Trump?
Apretón de mans entre os líderes
Apretón de mans entre os líderes  

A maioría das análises de urxencia apuntan a que a declaración ten un carácter vago e con grandes zonas de indeterminación. En realidade, a noticia non é tanto o contido do acordo como o acordo en si propio.


A declaración asinada por Kim Jong-un e Donald Trump resumiríase nestes catro pontos:

 

  • Os Estados Unidos e a República Popular Democrática de Corea comprométense a estabelecer novas relacións entre os dous, de acordo co desexo do pobo das dúas nacións canto á paz e á prosperidade.
  • Os Estados Unidos e a RPDC xuntarán esforzos no sentido de criar un réxime de paz estábel e duradoiro na Península Coreana.
  • Reafirmando a Declaración de Panmunjom, de 27 de Abril deste ano, a RPDC comprométese a traballar na total desnuclearización da Península Coreana.
  • Os Estados Unidos e a República Popular Democrática de Corea comprométense a recuperar os prisioneiros de guerra [o conflito de 1950-1953] e a soldados desaparecidos, incluindo a repatriación daqueles xa identificados.


x