Cen mil sinaturas defenden unha ‘’organización territorial propia’’ para Alsacia fronte ao centralismo francés

Cen mil sinaturas defenden unha ‘’organización territorial propia’’ para Alsacia fronte ao centralismo francés

O proceso de reestruturación rexional impulsado por París crea unha macro-rexión na que dilúe Alsacia como pobo entre outras zonas e departamentos a partir de 2016.


A partir do 1 de xaneiro de 2016 Alsacia desaparecerá como rexión oficial. O proceso de reestruturación rexional impulsado por París fusiona Alsacia - Elsass en salaciano- con Ardenas e Lorena para crear así unha gran macro-rexión, proxecto ao cal os e os alsacianos levan opoñéndose nestes meses a través de diferentes iniciativas, desde mobilizacións até recursos perante as institucións europeas.

A iniciativa popular ‘Alsace retrove ta voix’ reuniu máis de 100.000 sinaturas en defensa dun referendo para que poidan decidir e en apoio a unha “organización territorial propia”, tal e como informa Nationalia. Mais a petición dunha consulta xa foi desbotada polo presidente do Consello Rexional Alsaciano, da UMP, alegando que non tiña competencias para iso e que, ademais, xa era demasiado tarde.

O movemento alsaciano ‘Unser Land’ -que obtivo o 16% dos votos nas recentes eleccións cantonais coa palabra de orde ‘Por unha Alsacia libre. Contra o centralismo parisino”-, acusou o presidente do Consello de estar “sometido ao ‘diktat’ de París” e de non facer nada contra unha fusión “imposta”.