O Govern pide explicacións a Madrid após saberse que o CNI espiaba os autores do masacre das Ramblas

O Govern pide explicacións a Madrid após saberse que o CNI espiaba os autores do masacre das Ramblas
Barcelona, após o atentado nas Ramblas, 17 de agosto de 2017.
Barcelona, após o atentado nas Ramblas, 17 de agosto de 2017.  Foto: NacióDigital

ERC e JxCat piden unha comisión de investigación no Congreso. Os datos que se coñecen neste momento, revelados polo diario Público, son que o imán de Ripoll era confidente dos servizos secretos españois e que o CNI tiña pinchados os telefones móbiles dos terroristas até 5 dias antes dos atentados de Barcelona (nas Ramblas) e Cambrils.


En plena negociación da investidura, ERC e JxCat —cuxos votos son decisivos— demanda a comparecencia do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez; a ministra de Defensa, Margarita Robles; e o ex director do CNI, Félix Sanz Roldán. 

De acordo coa información divulgada por Público, o líder da célula terrorista, o imán Es Satty, operaba como confidente dos servizos secretos españois e estes tiñan pinchados os telefones móbeis dos autores do masacre até cinco días antes de perpetraren o ataque.

Os atentados de Catalunya de 2017 saldáronse con 16 persoas mortas —15 delas no atropelamento masivo nas Ramblase centos de feridas en Barcelona e unha outra vítima mortal en Cambrils. Seis dos terroristas foron abatidos polos Mossos d'Esquadra.

Es Satty morreu a consecuencia dunha explosión aparentemente fortuíta, nun chalet en Alcanor, o día antes dos atentados.

Esta terza feira, a portavoz do Govern, Meritxell Budó, mostrou a súa "profunda preocupación" perante "as informacións aparecidas sobre o imán de Ripoll". "Por respeito ás vítimas e á cidadanía de Catalunya exiximos que se esclarezan estes feitos e se lles dea máxima transparencia", dixo.